6 abr 2010

COMEZA O TERCEIRO TRIMESTRE

Hola de novo, xa estamos aquí para comezar o terceiro trimestre, collédelo con ganas que é o último e tedes que facer un gran esforzo para terminar ben o ano. Sorte e a traballar.

25 mar 2010

Chegan as vacacións

Por fín chegan as vacacións de Semana Santa, esperamos que todos vos o pasedes ven e que á volta teñades moitas máis ganas de traballar.
FELICES VACACIÓNS.

17 mar 2010

V SEMANA DA SAÚDE

A vindeira semana terán lugar no centro as actividades programadas dentro de Semana da Saúde, coma sempre as actividades do departamento de Ciencias irán destinadas a todos os alumnos, polo que podedes participar nelas durante os recreos. Tedes toda a información na páxina web do IES e no Blog Rotativa Saudable (tedes os enlaces no marxe dereito).

15 mar 2010

Otorgado o premio aos compañeiros de 2º ESO

Hoxe os alumnos de 2º da ESO acompañaron aos compañeiros gañadores do concurso de vídeos organizado por a ONG Solidariedade Internacional á Coruña no Forum metropolitano. Alí asistiron a unha obra de teatro verdaderamente divertida e ao remate otorgáronlles o premio. Todos os compañeiros estaban alí con eles e dende a centro dámoslles un gran aplauso.
As fotos están na galería, podedes descargarlas. Grazas a todos.

8 mar 2010

Viaxe a París


Temos á vista outra viaxe dos alumnos do Parga... PARIS... van 6 días e visitan a capital francesa os días 20 ao 26 de marzo.

3 mar 2010

EXCURSIÓN BACHARELATO


Os alumnos de bacharelato viaxarán do 23 ao 26 de marzo a Burgos e Cantabria, visitando moitas xoias do patrimonio cultural, natural e histórico do noso país como son:
Covas de Altamira, Santillana do Mar, Cabarceno e Comillas, Atapuerca.
Todos desexamos que o pasen moi ben e que teñan bo tempo.
Á volta queremos ver as fotos!!! publicalas no blog.

24 feb 2010

PREMIO 2º ESO B

Un grupo de alumnos de 2º da ESO B obtiveron un premio polo vídeo "A contrapublicidade", otorgado pola ONG Solidariedade Internacional. Terán que viaxar á Coruña (Forum Metropolitano) o vindeiro día 15 de marzo para recibir o galardón. Noraboa tanto aos alumnos coma aos profesores do departamento de Filosofía. Aquí tedes o enlace para ver o vídeo: "A Contrapublicidade"