19 feb 2010

FESTIVAL DE MÚSICA NO PAZO

Hoxe tivo lugar no Pazo de Cultura de Carballo unha exhibición dos alumnos do IES. O festival tivo como tema as músicas do mundo e no seu montaxe participaron os profesores dos departamentos de Lingua Castelá (Eva e María), Xeografía e Historia (Alberto) e como non, as dúas profesoras de música ás que dende aquí damos a nosa máis fervente noraboa.
O centro está moi orgulloso dos seus alumnos, noraboa a todos. Todas as fotos do festival están na galería de imaxes.

5 comentarios:

  1. Anónimo2/19/2010

    Gustoume moito, creo que ten moito mérito. Jos.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida, o festival estivo xenial. A presentación de cada país foi moi completa, e os que leron fixérono moi ben, non se notaba que estaban nerviosos.
    O que mási me gustou foi a actuación dos alumnos de Bachiller. En concreto, a canción do Perín - Pin - Pin.
    O festival estivo cheo de emoción e todos nos portamos moi ben ;)
    Teño que destacar o ben que tocou a batería a rapaza de Bachiller, fíxoo moi ben,¡ e impresionoume como tocou o piano Vanessa!

    En fin, que somos uns artistas os alumnos do IES Isidro Parga Pondal. ;)

    ResponderEliminar
  3. geniiaL fixemoolo geniiaL!!

    Laura 3ºB

    ResponderEliminar
  4. As veces creo que me arrepinto por estar na clase 3º ESO C, non tocamos... e iso dame demasiada vergonza... co que me gusta tocar a min os intrumentos! aínda que iso si, encantaríame saír tocando a guitarra diante de todos ^^

    ResponderEliminar
  5. Pois xa sabes, para a próxima pídeslle a Vanessa, pois en Maio imos tocar de novo, diante de todo Carballo ;) Disfrazados do mesmo!

    ResponderEliminar