3 mar 2010

EXCURSIÓN BACHARELATO


Os alumnos de bacharelato viaxarán do 23 ao 26 de marzo a Burgos e Cantabria, visitando moitas xoias do patrimonio cultural, natural e histórico do noso país como son:
Covas de Altamira, Santillana do Mar, Cabarceno e Comillas, Atapuerca.
Todos desexamos que o pasen moi ben e que teñan bo tempo.
Á volta queremos ver as fotos!!! publicalas no blog.

24 feb 2010

PREMIO 2º ESO B

Un grupo de alumnos de 2º da ESO B obtiveron un premio polo vídeo "A contrapublicidade", otorgado pola ONG Solidariedade Internacional. Terán que viaxar á Coruña (Forum Metropolitano) o vindeiro día 15 de marzo para recibir o galardón. Noraboa tanto aos alumnos coma aos profesores do departamento de Filosofía. Aquí tedes o enlace para ver o vídeo: "A Contrapublicidade"

19 feb 2010

FESTIVAL DE MÚSICA NO PAZO

Hoxe tivo lugar no Pazo de Cultura de Carballo unha exhibición dos alumnos do IES. O festival tivo como tema as músicas do mundo e no seu montaxe participaron os profesores dos departamentos de Lingua Castelá (Eva e María), Xeografía e Historia (Alberto) e como non, as dúas profesoras de música ás que dende aquí damos a nosa máis fervente noraboa.
O centro está moi orgulloso dos seus alumnos, noraboa a todos. Todas as fotos do festival están na galería de imaxes.

15 feb 2010

GRAN FESTIVAL NO ENTROIDO

O pasado venres vivimos no IES un dos mellores entroidos da nosa historia, houbo participaciòn de case todos so cursos incluídos os de bacharelato e o nivel das comparsas foi altísimo.
Os gañadores foron os grupos de Mickel Jackson e as "Animadoras e futbolístas", aínda que o xurado o tivo realmente díficil para poder elixir. Tedes na galeria todas as fotos do entroido. Grazas a todos por participar.



10 feb 2010

ENTROIDO 2010

Xa temos moitos grupos que están apuntados a participar no desfile de comparsas, non esperedes ao último momento e organizade o desfile. Os profes temos unha boa preparada... imos de.....


3 feb 2010

CHEGA O ENTROIDO


O vindeiro 12 de febreiro celebramos no IES a festa do entroido, son moitos os grupos que teñen pensado a comparsa e están preparando as actuacións...acordádevos, hai moitos premios.
A inscripción comezará o luns día 8 de febreiro a través da información que irá co parte de clase.

BENVIDOS DE NOVO AO N.O.S.

Despois de moito tempo no dique seco, volve a nosa Revista, esta vez en formato dixital.
Queremos que todos os compoñenetes da comunidade escolar poidades participar na súa elaboración e mantemento, polo que solicito dende aquí a vosa colaboración para poder darlle vida a este proxecto.