19 feb 2012

Retomamos á actividade do blog


Hola, fai tempo que non temos comunicación a través do blog con todos vos, pero creo que temos que retomalo xa que é o único modo que temos para que poidamos compartir con vos noticias, fotos, vídeos....
Comezamos coas fotos e vídeos de entroido, por certo, dende dirección dicir que estamos completamente encantados coa participación de todos os grupos e que non sabemos como o facedes, pero mellorades ano a ano.
As fotos podedes verlas na galería de fotos que aparece arriba.

10 nov 2010

Benvidos ao novo curso 2010-2011, este ano comezamos un pouco tarde... pero creo que sempre estamos a tempo.
Espero a colaboración de todos os alumnos/as para que este ano o blog teña máis participación e podamos así crear algo que sexa interesante para todos.
Espero a vosa participación.

19 jun 2010

VIAXE DE FIN DE CURSO A SALOU.

Xa estamos de volta e aínda que quedamos mallados a verdade é que o pasamos de medo. Temos que dicir que vos portastes moi ben e que así é un pracer viaxar con vos. De parte de os "da jinasia", grazas.

26 may 2010

De novo tivemos un estupendo concerto no Pazo da Cultura ofredico por os alumnos de Música dirixidos por as profesoras de Música, Vanessa e Marián. Dende aquí dámosvos a norabóa e esperamos impacientes o vindeiro curso a ver que nos ofrecedes...

15 abr 2010

traballos dos alumnos de 2º bac na viaxe a Atapuerca

Os alumnos fixeron estas dous presentacións para ilustrar as visitas que fixeron a Santillana do mar e Burgos. Aquí tedes os enlaces a cada unha delas:

9 abr 2010

Fotos de Atapuerca


Xa temos tamén as fotos da excursión de bacharelato a Atapuerca e Carbárceno.

7 abr 2010

FOTOS DA VIAXE A PARÍS


Tedes as fotos da viaxe a París na galería. Según comentan os profesores foi unha boa experiencia para todos e non houbo ningún "percance". Se queredes comentar algo da viaxe, animádevos.